23.8.14
Pero, en que tempos estamos?
Tragsa e o Ministerio de Agricultura e Medio Ambiente queren que volvamos a tempos anteriores a 1975. Non podemos consentilo.
Poden seguir como traballan os bombeiros das BRIF na páxina Diario de un bombero.
22.8.14
Que paren os verquidos ao río Barbaña!
![]() |
| Foto José Paz - La Región |
1.8.14
"Interesante" titular
25.7.14
Aínda non funciona o ERTMS nos Alvia Ourense-Santiago
19.1.14
Renfe incumple o seu compromiso
Tamén tería que explicar que pasou co correo-e que lle enviara o xefe de maquinistas de Ourense tempo antes do accidente sobre as deficiencias de sinalización na curva de Angrois.
Coidamos que o presidente da compañía ferroviaria debería dimitir, ou, polo menos, ser cesado xa.
7.1.14
Co polbo a voltas
Semella que en Carballiño teñen unha suxerencia importante para a RAG, que ao cefalópodo de oito tentáculos se lle cambie o nome na nosa lingua, que sexa pulpo. Deste xeito unha festa gastronómica tan enxebre que se celebra en agosto poderíase seguir chamando Festa do pulpo. O argumento esgrimido é que na vila ourensá ninguén emprega a palabra polbo, alí é pulpo de toda a vida. Nós témolo claro: en galego, Festa do polbo; en castelán, Fiesta del pulpo. Festa do pulpo sería unha mestura das dúas linguas, cousa que na nosa terra só ten un nome...
27.12.13
Prioridades
13.11.13
Unha sentenza preocupante despois de once anos
A recente sentenza do Prestige semella preocupante. Máis ou menos significa que cando o próximo petroleiro rompa pola metade non haberá ningún responsable da catástrofe, hai impunidade total. A ver que pasa.... Mentres, a calar e a seguir aguantando o que nos boten enriba, que para iso somos galegos. Mexan por nós e temos que dicir que chove....
7.6.13
O presidente e os impostos á Igrexa Católica
A min interésame, e moito. A moita xente tamén lle interesa. Se somos algúns, xa non somos "ninguén".
Xa está ben de aproveitarse dunha situación cuasi predemocrática trinta anos despois. É preciso suspender os acordos co Vaticano e democratizar esta situación.
2.4.12
O incendio na fraga do Eume
29.3.12
Reflexións arredor da folga xeral
- O fartos que estamos de escoitar dos empresarios e membros do goberno a frase "A folga xeral non crea emprego". Semella un mantra. O que está claro, con datos do propio goberno, é que a reforma laboral, nun primeiro momento, vai xerar 650.000 parados máis...
- O aumento do estado policial. Que sexa o Ministerio de Interior quen informe da marcha da xornada de folga xa é todo un síntoma (a folga, un dereito constitucional tratado como un conflito de orde público). Que as rúas amosen unha excesiva presenza policial para "garantir" o dereito a traballar dos que o queiran facer (pero non hai quen garanta o dereito dos traballadores a facer folga en empresas onde o empresariado "presiona", "coacciona" de xeito directo ou sibilino aos empregados).
- É unha mágoa que en Galicia os sindicatos non convocasen manifestacións unitarias, visto a grande participación dos traballores e traballadoras nas mesmas. A unidade fai a forza; unidade imprescindible para defendernos ante a gravidade das medidas contra os dereitos dos traballadores que esta reforma laboral supón.
- As ganas dalgúns dirixentes empresariais en fixarse, esaxerar e xeralizar as accións de determinados grupúsculos violentos, que non teñen nada que ver cos sindicatos, para desacreditar aos milleiros de cidadáns que participaron nos actos desta xornada dun xeito totalmente respectuoso cos valores democráticos.
- A folga é un dereito, e os días previos non é o momento para cuestionarse publicamente sobre este dereito, tal como fixo un destacado membro do goberno.
21.2.12
Un libro fronte unha porra
Desde aquí, queremos amosar a nosa solidariedade con eses mozos e esas mozas que están defendendo o seu dereito a recibir unha educación pública nas mellores condicións posibles, que antepoñen os libros fronte as porras, que están sufrindo nas súas carnes os rigores dunha "nova" política para manexar o orde público...
Animamos ao profesorado do centro a defender o seu estudiantado, que os protexa, que mostre comprensión e solidariedade con eles.
Animamos ás nais e pais dos estudantes maltratados a interpoñer as denuncias oportunas contra os axentes que actuaron dun xeito desmesurado e inapropiado contra os seus fillos, moitos menores de idade, ou contra os mandos e políticos responsables destes feitos.
É así como vai ser a política de orde público deste goberno? Volveremos aos tempos dunha policía "gris"? Que pretenden, meter medo aos cidadáns ante a que se aveciña?
20.2.12
Campaña contra os sindicatos
Arreciou esta fin de semana coas manifestacións de milleiros de traballadores e traballadoras deste país convocados pola UXT e CCOO. Hoxe luns, veñen eses medios ben sementados... de auténticas barbaridades desde os titulares, os editoriais ata os artigos de opinión... ("El carnaval de los parásitos y sus comparsas" Gaceta Digital) ou ("El mensaje sindical: Ahora, a tomar cervezas" La Razón)...
Nesta situación e tal como están as cousas, os sindicatos son máis necesarios que nunca. Desde aquí pedímoslles que escoiten as voces dos traballadores, que consigan unidade de acción entre todos os sindicatos, que defendan estas reivindicacións con todos os recursos que o noso sistema democrático permite... Esta reforma laboral desequilibra a balanza deixando en situación desprotexida ao máis débil: o traballador.
5.1.12
2.1.12
O ferrocarril en Galicia no 2011
Sempre nos quedará esa romántica imaxe do ferrocarril a vapor. Sirva como exemplo este fermoso vídeo emitido no concerto de Aninovo 2012 desde Viena, coa orquetra Filharmónica.
Un desexo: que o noso ferrocarril non quede nun tren turístico...
30.12.11
Ai que ver!
O home dos "hilitos de plastilina" chama ao home de "seguro que no el fuel no toca la costa gallega". Vivir para ver!
20.10.11
Xornal.com desconectado para sempre
Unha mágoa para o xornalismo, unha mágoa para o galego... Estamos "fastidiados".
17.10.11
Patética inoperancia...
Aforrar, aforrará a consellería... mais o desastre ecolóxico notarémolo durante moitos anos, non só estes días sufrindo este aire irrespirable...
16.10.11
Afumados en Ourense... e algo máis
A incompetencia da Xunta aumenta por momentos. A unha situación meteorolóxica adversa pola seca e as altas temperaturas, engádese unha política desnortada, cuxo único sentido é aplicar a tesoira en todo e deixar, entre outras cousas, ás brigadas contra o lume con poucos efectivos, porque hai que aforrar en soldos ao persoal!!! Menos mal que temos por aquí á Brigada de Emerxencias do Exército, maquillando a inoperancia da administración galega.
Desexamos que os galegos e as galegas decidamos nas próximas eleccións autonómicas realizar unha optimización de recursos (expresión que ultimamente emprega o conselleiro de educación para referirse aos recortes de profesorado na escola pública) e mandar á oposición a este goberno que, nos dous primeiros anos, se dedicou a desmontar todo o bo que o bipartito realizara e agora, coa crise económica e a financiación autonómica como excusas, está a desmontar o estado de benestar que entre todos sostemos, a desprestixiar os servizos públicos e a potenciar a xestión privada dos mesmos. A cidadanía dase conta disto porque na súa vida diaria está vivindo esta perda de calidade. Mentres, asiste atónita ao infantil espectáculo que dan os nosos políticos ante quen é o responsable do desmantelamento das caixas galegas e de que os seus anteriores directivos se levasenn uns "cuantos" millóns que son dos aforradores, por fundilas coa súa nefasta xestión. Estamos verdadeiramente fartos do "e ti máis". Lamentable!!!


