2.1.12

O ferrocarril en Galicia no 2011

No ano 2011 o ferrocarril foi noticia en Galicia. Desde decembro gozamos dunha liña de AVE entre Ourense - Santiago - A Coruña que comunica estas tres cidades en tempos propios da Europa máis avanzada. Pero os políticos seguen a xogar, peor ca nenos, co famoso AVE a Galicia, ese tremendo tramo (por inversión e dificultade técnica) entre Ourense e a Meseta. Dicimos que seguen a xogar porque se dedicaron, e seguen nesta tarefa, a botar en cara uns aos outros os prazos, as licitacións, os tempos, as características, que se hai que soterrar tal estación... Os que botaban en cara que o AVE non chegaría no 2015 agora, que están no goberno, afirman que tardará máis, no 2018, porque... porque... a verdade é que coidan que non sabemos ben o motivo. Os que crearon aquel esperpento de Plan Galicia, que só era cartelería e fume sen ningunha previsión de orzamento, que machacaron aos ministros do goberno de Zapatero, que lle botaron en cara a Blanco, o mellor ministro para Galicia nese tempo, que non ía chegar o AVE a tempo, que lle dicían que non invertía, que non se licitaban tramos, pasaron a criticar que se licitase en época postelectoral e agora veñen coas tesoiras e probablemente nin chegue no 2018... claro, sempre queda o recurso de botarlle as culpas ao gobernantes anteriores... Nada, pensamos que non lles debemos otorgar nin un gramo de confianza!
Sempre nos quedará esa romántica imaxe do ferrocarril a vapor. Sirva como exemplo este fermoso vídeo emitido no concerto de Aninovo 2012 desde Viena, coa orquetra Filharmónica.
Un desexo: que o noso ferrocarril non quede nun tren turístico...