27.12.13
Prioridades
"Veño da Virxe da Barca, da Virxe da Barca veño, veño de avaliar a perda..." Así é como trata o tema O Carrabouxo no día de hoxe. Simpática visión. A Xunta vén de declarar de emerxencia as obras no Santuario da Virxe da Barca. Está claro que é cuestión de prioridades... Nós, entre o arranxo do santuario e a dotación dos ciruxáns pediátricos necesarios como para manter o servizo de ciruxía pediátrica en Ourense, escolleriamos o segundo. Por razóns obvias. Para o outro hai tempo...
13.11.13
Unha sentenza preocupante despois de once anos
A recente sentenza do Prestige semella preocupante. Máis ou menos significa que cando o próximo petroleiro rompa pola metade non haberá ningún responsable da catástrofe, hai impunidade total. A ver que pasa.... Mentres, a calar e a seguir aguantando o que nos boten enriba, que para iso somos galegos. Mexan por nós e temos que dicir que chove....
7.6.13
O presidente e os impostos á Igrexa Católica
Feijóo sentenza que o cobro de impostos á Igrexa "non lle interesa a ninguén"(praza.com)
A min interésame, e moito. A moita xente tamén lle interesa. Se somos algúns, xa non somos "ninguén".
Xa está ben de aproveitarse dunha situación cuasi predemocrática trinta anos despois. É preciso suspender os acordos co Vaticano e democratizar esta situación.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)