Durante anos vimos escoitando por ecoloxistas, científicos, institucións comprometidas coa defensa do noso planeta, que o efecto invernadoiro está a causar estragos no equilibrio da natureza e que vai influir na vida cotiá das persoas nun futuro non moi lonxano. Ata no Cumio de Kioto conseguiuse un acordo para disminuir as emisións dos gases por parte dos países que o subscribiron.
A percepción que tiñamos era que todo eran boas palabras, pero sen actuacións comprometidas realmente eficaces.
Agora, Toni Blair declara que o quecemento da Terra vai causar unha gravísima crise na economía mundial. ¡Atención! ¡Temos un problema! ¡Agora si! Cando o peto dos poderosos está ameazado, entón hai unha razón convincente para recoñecer a existencia dun problema e a necesidade de resolvelo. ¡A economía manda!
A ver que fai agora o país máis rico, o país máis contaminante do mundo e o país que se negou desde un principio a reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro. O noso país, España, tamén ten que cumprir o que firmou en Kioto. Para iso temos que aportar todos o noso gran de area.

1 comentario:
Se para reducir os acidentes, no que nos vai a propria vida, fai falta incrementar as sancións para convencernos, co medio ambiente non había ser distinto: só a pasta nos persuade
Publicar un comentario