12.2.07

Francisco Rodríguez, deputado no Congreso, e a autocrítica

Onte limos en El País a entrevista que lle fan ao diputado do BNG no Congreso, Francisco Rodríguez. Da mesma puidemos tirar algunha conclusión. Nós tamén percibimos que o cambio non se nota tanto como debería. Para el, cando lle preguntan en que aspectos, responde con asuntos vencellados ás consellerías do PSOE; con respecto ás consellerías do BNG, nada destacable parece dicir, e mira que non teñen metido a pata tamén. Parece ser que a autocrítica non a practica moito este deputado e pensamos que esta é unha boa calidade dun bo político. Isto é un síntoma máis e vén confirmar que na actual Xunta de Galicia hai como dous grupos, un liderado polo Presidente e outro liderado polo Vicepresidente. Tampouco compartimos as súas críticas á CIG, un sindicato non pode nin debe rendirse ante un goberno próximo ideoloxicamente, porque ten que defender os dereitos dos traballadores e estes non teñen necesariamente que coincidir cos intereses do partido gobernante.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Subscribo as túas palabras en canto ás declaracións de Francisco Rodríguez sobre a CIG: un partido político ou goberno ten unhas determinadas funcións mentres que os sindicatos teñen que velar polos intereses dos seus afiliados.

As críticas vertidas á CIG débense entender coma unha loubanza. Mal sindicato sería a CIG se estivese unicamente á mercé das directrices do BNG.

Tomen nota outros sindicatos!!!