6.1.08

Sobre a Cabalgata de Reis en Ourense

Á concelleira de Cultura de Ourense:
Estimada Señora: Os nenas e as nenas son nenos e nenas, pero non son tontos nin tontas. Non se debería xogar ou pór en perigo a ilusión dos cativos e cativas. A súa idea podería ser aceptable no seu plantexamento, mais non na súa realización. Pola boca morre o peixe...

2 comentarios:

Anónimo dixo...

A túa opinión semella obedecer a unha actuación da Concelleira de Cultura de Ourense. Fáltame esa referencia para poder comprender a túa carta aberta.

Manuel dixo...

Ten razón, Boedense. Hai que estar metido no allo para comprendelo. Resulta que na concellería de Cultura decidiron que este ano os tres Reis Magos fosen tres mulleres. Cousa que me parece moi ben, porque non deixa de seren un disfraz. O problema foi que ao dirixirse ao nenos e nenas falaron claro coa súa voz, feminina por suposto. Aí é onde arranca o meu comentario. Fun testemuña directo da desilusión de moitos nenos e nenas na Praza Maior de Ourense cando falaron.