18.5.08

Rectifica a concelleira

A concelleira de Cultura do Concello de Ourense rectifica. Ademais de gañar a repulsa de grande parte dos colectivos culturais da cidade foi desautorizada a súa convocatoria polo mesmísimo tenente-alcalde. Xa nos parecía que a cousa pintaba fea.
A verdade é que, ás veces, as excusas son dunha inxenuidade absoluta. Di que foi un erro de redacción. Esta xente, os políticos, nunca recoñecen con humildade, a secas, que se equivocan, como todos e todas nos equivocamos. Sempre querían dicir outra cousa. Outra disculpa habitual é que "os xornalistas interpretaron mal as miñas palabras".
A concelleira terá que revisar a competencia en redacción do seu funcionariado ou a súa propia. Cousa extraña que cometa un erro tan evidente unha profesional do ensino secundario.
Ás veces, escribimos realmente o que pensamos, pero logo dicimos que queriamos escribir todo o contrario. Tomen nota e apliquen esta máxima a este artigo.

1 comentario:

Unknown dixo...

mmmmm non sei... dame no nariz que esta concelleira vainos dar mais dalgunha sorpresiña, menos mal que só lle tocou cultura, non quero dicir que sea de pouco merecemento a concellaria, peeeeero. Unha mágoa!!!

Só pensaba en alto :)

Sau2