A decisión do xuíz Del Olmo de secuestrar o número desta semana de El Jueves tivo, coma sempre que se toman estas medidas, un efecto contrario facendo de trampolín para que o tema da viñeta se expanda por todos os medios nacionais e internacionais.
A caricatura semella, ao noso entender, desafortunada, ao presentar aos personaxes nunha postura que pertencería á súa intimidade. O texto expresa verdadeiramente o que opina unha parte da nosa poboación. É certo que hai estamentos que teñen que estar protexidos. O que sucede é que chegamos ao punto de que algúns volvéronse intocables ao redor dos cales levantouse un cerco imposible de franquear. Nembargantes, cremos que todos os españois deberiamos ser iguais ante a lei, tal como está recollido na Constitución. ¿A fiscalía e o xuíz actuarían así se fosen outros personaxes os protagonistas da caricatura?
Nunha democracia, en pleno século XXI, non son de recibo os atentados contra a liberdade de expresión. Os nosos pais loitaron para conseguir que todos puidésemos disfrutar deste dereito durante case corenta anos. Os tribunais están para dirimir se nalgún intre se traspasaron os límites e atentouse contra o honor das persoas, pero nunca para secuestrar unha publicación. O próximo número de El Jueves ten o éxito asegurado...

1 comentario:
A campaña mercadotécnica que lle está a facer o xuíz Del Olmo á revista El Jueves é impagable. O incremento de vendas está asegurado.
Gustoume a resposta irónica de EL JUEVES ó secuestro do número da revista no número 1574 (do 25 de xullo ó 31 de xullo) co lema "RECTIFICAMOS. Esta é portadaque queriamos publicar. A ironía é unha potente arma.
Tamén vexo con acerto o debate sobre o cambio do lema:
EL JUEVES, la revista que sale los miércoles y se secuestra los viernes"
Publicar un comentario