Pareceume escoitar onte a un líder da dereita galega, falando para os seus cachorros, dicir que aprenderan Inglés para espallar o Galego polo mundo. Non sei se escoitei ben... Isto dito cando o seu partido retiroulle o apoio á recente lei do Galego no ensino.
Imaxínome que para espallar o Galego polo mundo haberá que falalo e estudialo ou é que este señor acaba de inventar un método de Galego baseado na aprendizaxe do Inglés? Dr. Maurer.... o seu Inglés en 1.000 palabras ten os días contados... Antes haberá que conseguir que o Galego se fale sobre todo en Galicia, que polo camiño que imos parece ter un futuro comprometido. E moito temos que mudar nas nosas actitudes cando pasmados asistimos a espectáculos como o que está a ofrecer esa plataforma chamada tan gallego como el gallego.
Déixense de marear a perdiz e apoien sen trabas ao Galego no ensino.

1 comentario:
Penso que temos que mobiliza-la sociedade para que apoie o Decreto do galego. Interesante iniciativa a de Ensino en galego
Publicar un comentario