13.9.08

A polémica entre Cal e a Conselleira

Estamos a presenciar unha polémica entre David Cal e a Conselleira Ánxela Bugallo. O tema poden lelo no xornal. Pensamos que moitas veces os políticos queren acaparar ou arrimarse ao carro dos trunfos dos demais xa que reporta boa imaxe e implica moitos votos. Esta sería unha das conductas a modificar pola clase política para gañar credibilidade.
O tema está claro. Se a Conselleira di que entregou un cheque de 106.000 euros a David Cal e este di que lle envía o número de conta para que llos ingrese (é dicir, non llos deu aínda), a Conselleira está na obriga moral de ensinar no Parlamento, lugar onde fixo tales afirmacións, a copia do correspondente libramento de pago, que seguro estará por aí. De ser así, David Cal quedaría en moi mal lugar e perdería grande parte do respecto que nos merece, non como deportista senón como persoa íntegra que semella ser. En caso contrario, a Conselleira debería incluso pensar na dimisión por tentar manipular a realidade, faltar á verdade e enganar a todos.
De todos os xeitos queremos felicitar a David Cal por non calar e, se el non desexa que empreguen a súa figura politicamente, está no seu dereito en pedir que o deixen en paz, tranquilo e á marxe de calquera relación coa Conselleira e demais "troupe".

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Algunhas notas para comprender esta polémica:

1. David Cal conta co patrocinio da Deputación Provincial de Pontevedra.

2. O vicepresidente da Deputación é Enrique Sotelo, ex-alcalde de Cangas ata as últimas eleccións municipais.

3. Un destacado reximento da Deputación, encabezado por Rafael Louzán, acudiu a Beijing a mostrar o seu apoio aos olímpicos galegos.

Non estará a ser David Cal un acicate empregado polo PP para ataca-la conselleira de Cultura (BNG)?

Que relación existe entre Enrique Sotelo, natural de Aldán, e David Cal, natural de Vilariño?

Manuel dixo...

Ben. Grazas polas notas aclaratorias. Desde logo se David Cal se deixa empregar polo PP para atacar á conselleira de Cultura alá el e a súa conciencia. Cada un é libre de elexir aos seus padriños. Eu o que case necesito ver é a proba de pagamento da consellería. A partires de aí, tereino todo moi claro e quedaría David Cal coma un vulgar peón que move a Deputación de Pontevedra e o PP.
Un saúdo