2.4.12
O incendio na fraga do Eume
Esta temporada tan atípica desde o punto de vista meteorolóxico trouxo como consecuencia unha nova vaga de incendios. Seguimos igual. As galegas e os galegos semella que non damos respostas axeitadas ao problema dos incendios. Incendios que, ademais de arruinar a terra e o clima levan por diante vidas de persoas como sucedeu en Castrelo do Val. Agora, o incendio na fraga do Eume está a causar unha profunda ferida e grande degradación nunha paraxe ecolóxica protexida por seren un ecosistema bastante ben conservado e moi variado en canto á flora e fauna. Lembramos que hai anos, coa declaración de parque natural, houbo certos problemas na zona, como que había certa resistencia e presión contra a declaración de espazo protexido. Agora déronse as circunstancias ideais para que xurdira a catástrofe: seca, falta de humidade na atmosfera, vento... e uns medios de combate dos lumes que están en horas baixas debido, sobre todo, aos recortes económicos. Non sabemos se houbo ou non descoordinación entre os medios diferentes medios de extinción. Desde logo que pensamos que o monte protéxese no inverno. As subvencións que antes se daban aos concellos para limpar os bosques desapareceron por mor da crise. Desexamos que o incendio se apague o máis axiña posible, que se investiguen as causas do mesmo, se actúe contra os culpables (se é un lume provocado) e tómense todas as medidas necesarias para paliar os efectos negativos que vai sufrir a zona, desde os medioambientais ata os económicos, referidos estes ás perdas que xerará o impacto no turismo.
29.3.12
Reflexións arredor da folga xeral
Neste día de folga xeral xurden reflexións coma:
- O fartos que estamos de escoitar dos empresarios e membros do goberno a frase "A folga xeral non crea emprego". Semella un mantra. O que está claro, con datos do propio goberno, é que a reforma laboral, nun primeiro momento, vai xerar 650.000 parados máis...
- O aumento do estado policial. Que sexa o Ministerio de Interior quen informe da marcha da xornada de folga xa é todo un síntoma (a folga, un dereito constitucional tratado como un conflito de orde público). Que as rúas amosen unha excesiva presenza policial para "garantir" o dereito a traballar dos que o queiran facer (pero non hai quen garanta o dereito dos traballadores a facer folga en empresas onde o empresariado "presiona", "coacciona" de xeito directo ou sibilino aos empregados).
- É unha mágoa que en Galicia os sindicatos non convocasen manifestacións unitarias, visto a grande participación dos traballores e traballadoras nas mesmas. A unidade fai a forza; unidade imprescindible para defendernos ante a gravidade das medidas contra os dereitos dos traballadores que esta reforma laboral supón.
- As ganas dalgúns dirixentes empresariais en fixarse, esaxerar e xeralizar as accións de determinados grupúsculos violentos, que non teñen nada que ver cos sindicatos, para desacreditar aos milleiros de cidadáns que participaron nos actos desta xornada dun xeito totalmente respectuoso cos valores democráticos.
- A folga é un dereito, e os días previos non é o momento para cuestionarse publicamente sobre este dereito, tal como fixo un destacado membro do goberno.
21.2.12
Un libro fronte unha porra
Os estudantes do Instituto Luis Vives de Valencia estaban a protestar porque, debido aos recortes da Generalitat Valenciá, quedaron sen calefacción. Cada un deles tiñan que levar unha manta para poder aguantar a friaxe das clases (estamos no século XXI?). Desenvolveron unha protesta pacífica, non romperon nada, só cortaron o tráfico dalgunha rúa. A policía, en vez de conter, de negociar, de convencer, de "comprender" a situación, empregaron a forza bruta e dun xeito desproporcionado zurraron á mocidade. Isto foi a faísca que provocou o incendio. Onte, volveron perder os papeis: desde o xefe da policía tratando de "inimigos" aos rapaces, pasando pola Delegada do Goberno que cala ata chegar a algúns policías que no seu facer extralimitáronse (como ese famoso vídeo no que un policía empurra violentamente a dúas mozas contra un coche).
Desde aquí, queremos amosar a nosa solidariedade con eses mozos e esas mozas que están defendendo o seu dereito a recibir unha educación pública nas mellores condicións posibles, que antepoñen os libros fronte as porras, que están sufrindo nas súas carnes os rigores dunha "nova" política para manexar o orde público...
Animamos ao profesorado do centro a defender o seu estudiantado, que os protexa, que mostre comprensión e solidariedade con eles.
Animamos ás nais e pais dos estudantes maltratados a interpoñer as denuncias oportunas contra os axentes que actuaron dun xeito desmesurado e inapropiado contra os seus fillos, moitos menores de idade, ou contra os mandos e políticos responsables destes feitos.
É así como vai ser a política de orde público deste goberno? Volveremos aos tempos dunha policía "gris"? Que pretenden, meter medo aos cidadáns ante a que se aveciña?

20.2.12
Campaña contra os sindicatos
Desde que o goberno do PP aprobou a reforma laboral (convocando de palabra o seu presidente á folga xeral) este, encabezado pola vicepresidenta quen a tomou cun sindicalista da UXT membro do Consello de Bankia e seguido pola panda mediática da dereita máis rancia, cabeceiras xa todos temos en mente, parece que a campaña antisindical arrecia...
Arreciou esta fin de semana coas manifestacións de milleiros de traballadores e traballadoras deste país convocados pola UXT e CCOO. Hoxe luns, veñen eses medios ben sementados... de auténticas barbaridades desde os titulares, os editoriais ata os artigos de opinión... ("El carnaval de los parásitos y sus comparsas" Gaceta Digital) ou ("El mensaje sindical: Ahora, a tomar cervezas" La Razón)...
Nesta situación e tal como están as cousas, os sindicatos son máis necesarios que nunca. Desde aquí pedímoslles que escoiten as voces dos traballadores, que consigan unidade de acción entre todos os sindicatos, que defendan estas reivindicacións con todos os recursos que o noso sistema democrático permite... Esta reforma laboral desequilibra a balanza deixando en situación desprotexida ao máis débil: o traballador.

5.1.12
2.1.12
O ferrocarril en Galicia no 2011
No ano 2011 o ferrocarril foi noticia en Galicia. Desde
decembro gozamos dunha liña de AVE entre Ourense - Santiago - A Coruña que comunica estas tres cidades en tempos propios da Europa máis avanzada. Pero os políticos seguen a xogar, peor ca
nenos, co famoso AVE a Galicia, ese tremendo tramo (por inversión e
dificultade técnica) entre Ourense e a Meseta. Dicimos que seguen a
xogar porque se dedicaron, e seguen nesta tarefa, a botar en cara uns
aos outros os prazos, as licitacións, os tempos, as características, que
se hai que soterrar tal estación... Os que botaban en cara que o AVE
non chegaría no 2015 agora, que están no goberno, afirman que tardará
máis, no 2018, porque... porque... a verdade é que coidan que non
sabemos ben o motivo. Os que crearon aquel esperpento de Plan Galicia, que só era cartelería e fume sen ningunha previsión de orzamento, que machacaron aos ministros do goberno de Zapatero, que lle botaron en cara a Blanco, o mellor ministro para Galicia nese tempo, que non ía chegar o AVE a tempo, que lle dicían que non invertía, que non se licitaban tramos, pasaron a criticar que se licitase en época postelectoral e agora veñen coas tesoiras e probablemente nin chegue no 2018... claro, sempre queda o recurso de botarlle as culpas ao gobernantes anteriores... Nada, pensamos que non lles debemos otorgar nin un gramo de confianza!
Sempre nos quedará esa romántica imaxe do ferrocarril a vapor. Sirva como exemplo este fermoso vídeo emitido no concerto de Aninovo 2012 desde Viena, coa orquetra Filharmónica.
Un desexo: que o noso ferrocarril non quede nun tren turístico...

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)