Eu endexamais merquei ningunha prenda firmada por Adolfo Domínguez. Sempre me pareceu un empresario oportunista, que non tivo ningún problema en desmantelar toda a produción téxtil que tiña aquí, onde creaba traballo aínda que nunhas condicións laborais de explotación do traballador bastante criticadas polos sindicatos, que chupou moitas subvencións de diñeiro público para manter os seus talleres en Galicia e que logo decidíu levala a Oriente para poder aforrar custos laborais e explotar un pouco máis aos traballadores. Lembran cando fixo aquelas declaracións sobre as mulleres traballadoras chinesas? Ou cando se subíu raudo e veloz ao carro de Al Gore? ...
Pois agora destapa o tarro das súas esencias máis cutres e recalcitrantes nas declaracións que hoxe podemos ler neste artigo de El País nas que pide o despido libre e descalifica o Estado de benestar. Todo o que construímos para crear un Estado que ampare a todos os cidadáns o destrúe este señor nun plis plas en aras do liberalismo salvaxe, como di el de "tipo anglosaxón".
Estou moi orgulloso de non ter mercado nunca roupa firmada por este "persoeiro". Animo a máis xente a facer o mesmo...
1 comentario:
Seguro que este "personaxe" cre na explotación dos menores e o traballo en precario da muller, como ocorre co "Domestic System" reinventado nesta nova era de liberalismo salvaxe. Liberalismo que cando pon patas arriba a economía vive de subsidios pero que non cre na necesidade de subsidiar aos que menos teñen.
Publicar un comentario